Blogs.ya.com Quitar publicidad
Guezos. Diario de Terradentro.
Diario do grupo folk -rock ourensán Guezos.
Acerca de
Guezos. Banda Folk
Sindicación
 
GUEZOS SACA "NOVO" DISCO



A banda ourensá de folk-rock GUEZOS edita 99-06, un compilatorio que fai un percorrido polos seus sete anos de vida, incluindo catro temas gravados ao vivo.

Pódese descargar legalmente e de balde na páxina
www.aregueifa.net

Guezos creouse no ano 1999 e segue vivo a este lado do
Miño. Moitas cousas pasaron nestes sete anos, xente
que se uniu ó proxecto (e outros que nos deixaron),
moitos quilómetros (inda que non tantos como teriamos
desexado), uns cen concertos (e os que quedan por
vir), dous discos (autoeditados e autofinanciados) e
moitas horas de traballo, música e ilusións.
O traballo “99-06” recolle un resumo destes sete anos
de experiencias coa banda e a xente que a rodea. Antes
de continuar o noso camiño nos gostaría compartir
estas 12 cancións con todo aquel que teña gañas de
facelo, e uns poucos megas libres no disco duro.
Agardamos que as desfrutedes, e que haxa a partir
deste 2007 máis música e moita festa, que é o motor
que fai andar os corazóns e as pernas.

¡¡Saudos desde Terradentro!!
¡¡Viva o Folk sen Complexos!!


No