logotipo

img_google
Guezos. Diario de Terradentro.
Diario do grupo folk -rock ourensán Guezos.
Acerca de
Guezos. Banda Folk
Sindicación
 
Artigo no Faro de Vigo



Noticia enviada por Montserrat González.
Artigo de Daniel Lavesedo.
Transcripción de Anxo Fernández
.

O pasado 20 de Xaneiro celebrouse o FEO 07, Folc en Ourense, no magnífico Café Teatro Xesteira da cidade das Burgas, organizado por un monllo de guezos que pretendían achegar á cidade unhas sonoridades que case que sempre atopan máis espazo nas vilas e aldeas que nas urbes do país.
O festival xuntou sobre o escenario do antigo cine, agora redeseñado para dar acubillo a novas expresións artísticas, tres das formacións galegas de folc que máis están a soar nos últimos meses.
(…)

Mias os protagonistas do festival eran os propios organizadores, os Guezos,- palabra que designa no barallete ós mociños de doce, trece anos que entran na adoleslescencia-, que mentres van deixando esa época pola que moitos seguimos a devecer, están a se converter nunha formación contrastada e consolidada.

Despois de ter pasado polos mellores locais da nosa xeografía , Clavicembalo, Dzine, Auriense,…, e por un bo número de festivais coma a Noite do Trasno de Beluso, -onde as Mozas e Mozos semella que van poder trasnear un ano máis-, o festival Serra de Queixa, o Irmandiños de Moeche ou a Festa da Istoria en Ribadavia , o grupo posúe un directo cada vez máis potente e ben traballado, que co apoio dos seareiros que encheron a pista do café teatro rematou nunha festa onde a rumba e os recendos irlandeses se mesturaban cos ritmos máis de noso.

Malia ir incorporando amodo algín tema novo no seu repertorio, a estrutura básica do seu directoseguen a ser os temas de Terradentro, (2004), gravado e producido nos estudios Muu!! de Vigo, un monllo de boas cancións , que abalan da dozura do último corete do disco, “Muliña 03” , de raigame tradicional, até a potencia dos coretes intrumentais , “ Voces, Víronte…” nos que a gaita ensarilla o seu son con múltiples instrumentos: frauta, violín , clarinete, nunhas melodias aceleradas sobre unha base próxima ao rock de baixo, batería e guitarra que rematan por ofrecer ao ouvinte agrumentos abondos para tentar encadralos nese territorio de fronteira que lle chaman folc-rock.
Impresión que se confirma nos tema s cantados, con versión do “Whisky in the jar ” da banda de rock irlandesa Thin Lizzy incluída, e onde tamén cómpre salientar o tema que dá nome ao disco, posiblemente unha das mellores cancións escritas en galego nos últimos cinco anos.

Os Guezos están a piques de presentar novo disco, un traballo compilatorio onde haberá espazo para temas dos seus dous primeiros discos, e ademáis para algunha gravación ao vivo e algún tema novo, reflectindo en definitiva cal é o labor hoxe en día do grupo.

Este novo traballo que aínda non bautizaron será accesible na plataforma www.aregueifa.net , un netlabel, - web adicada a publicar e distribuír música e traballos sonoros en formato dixital- , sen ánimo de lucro que se está a converter nun altofalante para as novas creacións, en diversos eidos artísticos , de moitos artistas galegos.

Mais quen quira gozar da música deste nove mozos ourensáns ao vivo, poderá facelo doadamente logo da súa inclusión na Rede Galega de Música ao Vivo patrocinada polo IGAEM son xa doce as datas pechadas pola banda para este primero semestre do ano, as máis pró os vindeiros 3, na Ramallosa, e 8 de Marzo na Coruña, para despois chegaren até Xinzo, Lugo , Vigo etc,…e incluso dar o salto á televisión parta participaren no programa Alalá da TVG, gravado durante a festa dos Fachós en Castro Caldelas.


No