Blogs.ya.com Quitar publicidad
Guezos. Diario de Terradentro.
Diario do grupo folk -rock ourensán Guezos.
Acerca de
Guezos. Banda Folk
Sindicación
 
Guezos en "Alalá" TVG.
Hoxe, 13 de Febreiro, ás 21:30 no programa Alalá saimos Guezos tocando uns temiñas e facendo unha entrevista.
Cremos que vai ser un programa divertido, xa que a gravación tamén a foi.
Ides notar a falta de Roberto e máis eu, xa que ese día estabamos de camiño a Ourense desde Salamanca e Toledo respectivamente.
De todas maneiras o programa e a actuación van ser moi interesantes.

Para os que non o poidades ver, podedes velo en internet clicando AQUÍ.

Aquí tedes a Sinopse do programa.
Saúdos:
Anxo.


Pilar García Rego, presentadora do programa Alalá.

Hoxe, martes, día 13/02/2007

Aínda que a maior parte das festas en Galicia se celebran no verán, hai outras que conteñen verdadeiros tratados de vellas melodías populares de lareira e taberna: son as festas de inverno. Para vivir en primeira persoa unha das máis espectaculares de Galicia, o Alalá viaxará ata Castro Caldelas, en plena Ribeira Sacra, á festa do lume, do viño e da música, chamada Festa dos Fachóns, e alí estará na compaña dos Guezos, que guiarán aos telespectadores por cada recuncho desta festa que se sabe cando comeza, pero se descoñece cando e como remata.
Na Festa dos Fachóns xa tocaban hai dous séculos os míticos Trabazos de Castro Caldelas, un grupo que aprendeu a solfa na emigración a miles de quilómetros de Galicia e que despois espallaría o seu coñecemento á volta, non só polos fachóns en Castro Caldelas, senón por moitas outras vilas da bisbarra.

O seu legado quedou recollido de dúas formas distintas; por un lado, os Guezos cunha versión moderna con guitarras, baixo, teclado ou sintetizador e, por outro, Os Airiños de Caldelas; un cuarteto de gaita, bombo e dúas gaitas tradicionais da zona de Ourense. Son dúas versións cunha mesma meta, que a música popular sirva para o que sempre serviu, para que bailen e se divirtan vellos e novos, algo que na Festa dos Fachóns está totalmente asegurado.


 
Comentario:
Share do Alalá do martes 13 de Febreiro: 20,4% 219.000 espectadores.
Noraboa rapaces.
 
Comentario:
Perdinmo!!

Por internet, aínda que titulaban a ventá "TVGA en directo", en troques do Alalá aquí estaban cos Tonechos (e aínda menos mal, que botei unhas risas). A ver se o domingo...
No