"Viva o Fu Remol"
Este é o curioso título do novo libro de Pedro Feijoo Barreiro, amigo e productor dos dous discos de Guezos.
O título ven dunha expresión que soemos dicir no grupo cando algo está desafinado ou non sabemos en que tono está unha canción.
"Eso está en Fu Remol polo menos!!"- é,tristemente, unha das frases máis repetidas no nosos ensaios...
O libro narra ,cunha linguaxe directa e moita ironía, as aventuras e desventuras da xentiña á que se lle ocorre a brillante idea de montar un grupo para ser ricos e famosos ou ter algo que facer as tardes do domingo.
O orixinal desta historia é que se trata de un grupo que podería ser o noso, o voso , ou o dos colegas.
Non perdades a oportunidade de pasar un bo rato e de paso coñecer de preto o apaixoante mundo do músico descoñecido.

Consegue este libro AQUÍ.
Anxo.

Comentario:
Comentario:
Este venres collino na Biblioteca e estou lendoo. É divertido polo momento, e ainda que ós que non somos musicos pode parecernos moi alleo, resulta interesante.
Comentario:
Anxiño!!! Moitas gracias pola nota. Unha aperta moi forte para ti e para todos vós. Adiante co lume!
p.
p.
Comentario:
Por si non quedou moi claro do que trata o libro aí vos deixo algo que atopei pola rede:
Sinopse.
Pedro Feijoo, produtor musical e actual baixo de Lamatumba e anteriormente de Los Feliz e Kgben, neste libro desmiúza desde dentro o mundo da música popular en Galicia. Prologado polo escritor Suso de Toro e contando cun epílogo do músico e compositor Miguel Costas (Siniestro Total, Aerolíneas Federales, Los Feliz) ¡Viva o Fu Remol! ofrece de forma divertida, aguda e moi documentada un repaso á historia doméstica da música pop, ou popular, en Galicia e no noso tempo, de Jimi Hendrix e os Clash a Suso Vaamonde e Andrés Dobarro ou dos Ramones e Beatles a Resentidos e Diplomáticos… Consti-túe, ademais, unha auténtica guía e libro de instrucións para os mozos e mozas que pretendan adentrar-se no mundo do rocanrol, sexa analizando os problemas para formar unha banda, as posibilidades existentes para gravar as súas maquetas ou cómo realizar os primeiros concertos. Unha reivindicación da dignidade do traballo dos músicos. Un libro imprescindible para coñecer os acordes secretos do Fu Remol.