logotipo

img_google
Guezos. Diario de Terradentro.
Diario do grupo folk -rock ourensán Guezos.
Acerca de
Guezos. Banda Folk
Sindicación
 
Vota!!!
Xa temos os nomes, a enquisa rematará o día de Nadal, que mellor día para recibir un regaliño máis eh?
Agora pica nos enlaces de abaixo: e a votar!!!




Encuesta: Cal é o teu nome favorito para o porquiño?



Encuesta: Cal é o teu nome favorito para o porquiño? - RESULTADOS


 
Concurso do porquiño
Como vos dixemos mediante o correo, temos nova mascota, pero sin nome.
Propoñemos un pequeno concurso para elexir o nome gañador, o gañador recibira na casiña un Cd firmado e adicado polo grupo ou unha camiseta.

De momento temos varias propostas:

-Rafa de Ourense propón nomes coma:
Melindriño ou o Porco Braulio, ou tamén o Demo Pinzón, ou o "Porco anteriomente coñecido como o Mandacarallo"
-Rubén de Ourense: Porcachán.
-Ángel dende Madrid: Bicudo(porco en barallete) ou Picudo.
-Álex de Cedeira: Folkiño ou Xabalink.
-María dende Mallorca: Crispiño.
-Alberto: Pinchocas.
-Diego de Cedeira: Bicudo.
-Jota de Bueu: Toco.
-Romi de Ourense: Cachelo.

Seguide enviando nomes a guezos@guezos.com ou respondede neste blog, deixando o voso nome e email.

Saúdos!

Ah! este é o noso porco:



 
Concursos...ai!!
O dos concursos non é o noso...
Está visto que temos un pequeno problema:
Somos moi folk para os concursos nos que predominan outros estilos: Pop, Hip-Hop, Rock...
Pero somos moi Rock para os concursos de Folk.

Este ano pasounos nas dúas finais nas que participamos: no verán no concurso : Nsaio e o pasado luns no GzCrea.





O único que nos consolou un pouco é que, polo menos, déronlle o premio a dúas formacións que o merecía, Supersandwich de Boiro e Ataque Escampe.

No caso de Ataque Escampe, temos que dicir que xa os tiñamos nas nosas apstas como gañadores, i é que estes rapaces, sen sabelo fan unha música fresca fresca e sobre todo moi orixinal.
Un saúdo e sorte para todos:

Anxo.