logotipo

img_google
Guezos. Diario de Terradentro.
Diario do grupo folk -rock ourensán Guezos.
Acerca de
Guezos. Banda Folk
Sindicación
 
FEO 2007
Xa esta aquí o FEO 2007!!
(Folk En Ourense)





Trátase dun festival de folk organizado pola xente de Guezos para dar a coñecer a música folk de Ourense á xente da cidade, xa que este tipo de eventos soense facer en pobosou vilas normalmente.

Esta vez , ademáis de Guezos , contamos con grupos das fermosas terras do Val do Ulla e de Manzaneda. Pé de Boi e Os Cuchufellos, respectivamente.
Tres formacións , con distintos conceptos, pero co mesmo sentimento pola música galega e a festa.


A data e lugar do festival é a seguinte :

Sábado 20 de Xaneiro 2007.
A partires das 23 h no Café Teatro Xesteira de Ourense.

Podedes conseguir as entradas en:

CAFÉ TEATRO XESTEIRA.
Na tenda TRES COUSAS, esquina da Praza do Trigo e no bar RENQUE, Doctor Temes , Zona Universitaria de Ourense.

Se tedes algunha dúbida pídenos información en: guezos@guezos.com
 
GUEZOS seleccionado polo IGAEM.
GUEZOS é un dos grupos seleccionados para participar na Rede Galega de Música ao Vivo.

Xa vos podemos adiantar que, a día de hoxe, temos pechadas 10 actuacións para 2007 por toda Galicia.

Como grupo galego, estamos moi contentos de que, por fin, haxa unha proposta destas características,e esperamos que se siga con esta política de apoio da música feita en Galicia.

AH! Que teñades un 2007 cheo de Música.

Anxo.