Blogs.ya.com Quitar publicidad
Guezos. Diario de Terradentro.
Diario do grupo folk -rock ourensán Guezos.
Acerca de
Guezos. Banda Folk
Sindicación
 
Voltamos!
Estamos de volta rapaces!
O vindeiro sábado 23 de Setembro actuaremos na Festa da Saínza, (Preto de Xinzo).
Esperamos poder estrear algunha peza nova e facer un concerto renovado.
Tivemos un pequeno parón estival no estivemos a compoñer cacións novas, remodelando o repertorio e pulindo detalles.
O noso seguinte paso será unha posible xira por locais de toda Galicia entre os meses de Setembro e Decembro.
Xa vos teremos informados.

Para os que non nos podades ver en concerto, tedes outra oportunidade de facelo no programa da TVG "MundoVerbena" que se emitirá o vindeiro 24 de Setembro ás 22 H.
A música é en directo e interpretremos 3 temas ó longo do programa.
Ademáis ,os nosos amigos de Lamatumbá, tamén porán a súa música neste programa.
Saúdos:
Anxo.
 
TODOS CONTRA O LUME


AS PALABRAS SOBRAN.

TELEFONO DO VOLUNTARIADO 900400800
 
DE VOLTA Á TVG
Este ano non é que andemos moi sobrados de concertos,pero na tele arrasamos.O próximo xoves 9 GUEZOS trasladámonos ata as terras de Ordes para a grabación do programa MUNDO VERBENA. Participaremos con tres temiñas EN DIRECTO.
E para máis atractivos,no mesmo programa van sair os nosos compañeiros e amigos LAMATUMBÁ,que tamén farán gozar a toda Galicia cos seus sons.
¡Non o perdades!