logotipo

img_google
Guezos. Diario de Terradentro.
Diario do grupo folk -rock ourensán Guezos.
Acerca de
Guezos. Banda Folk
Sindicación
 
Videos de Guezos.Youtube.com
Podedes ver 2 vídeos que grabamos o 23 e 24 de Xuño do 2006 para os programas Luar e En pé de Festa.

Luar

En pé de Festa.

As cancións son "A das Festas" e "Manueliño". Esta última tocada en directo.
Podedes ver o vídeo pinchando sobre o nome das cancións.
Saúdos:
Anxo.
 
GUEZOS na TVG
O próximo 23 de Xuño, venres, estaremos na TVG presentando a nosa canción "A das Festas" dentro da sección que o programa Luar ten adicado ó concurso A Polo Ghit.
Está prevista a aparición en torno as 22h, pero estade atentos. Senón xa sabedes que se repite os domingos.

O día 24 de Xuño, sábado estaremos no interesante programa En pé de Festa tamén da TVG tocando, esta vez en directo, os temas "Manoliño" e "A das Festas". O programa emitese a partir das 6 da tarde.

Bueno, saúdos e a preparar o vídeo!!!

Anxo.
 
¡ A POLO GHIT !
Existe alá polo pais da rede unha páxina na que unha serie de grupos máis ou menos "noveis" están a participar nun concurso. Consiste en escoller a mellor canción galega do verán.de momento hai dez propostas e GUEZOS,como non ía ser menos,anda entre elas.

A nosa canción chámase A DAS FESTAS, grabámola fai uns mesiños,e supoño que os blogueiros máis fieis andarían tolos por poder oila.

Pois agora non só podedes facelo,tamén a podedes convertir no super-ghit do verán votándoa e podeds facer comentarios dela. A páxina para isto é vieiros.com e a nosa canción anda en http://apologhit.vieiros.com/ficha.php?id_cancion=50764
Moitas gracias polos vosos votos e bulide, que os outros grupos quítannos moitos votos(comezaron antes).

¡ A POLO GHIT !
 
Concertos Xuño 2006
Estes son os concertos que temos en Xuño.
Os dous son en Ourense.

-Sábado 10 Xuño, á noite. Festa en contra do peche da Esmorga. Discoteca Loops.
Xunto con Xigante Verde e Skarnio. hai grupos por confirmar.

-Domingo 11 Xuño. 10 da noite. Festas do Corpus. Xardín do Posío. Gratuíto. Tocaremos con La Sombra e Lap a rush .

Saúdos a todos!