logotipo

img_google
Guezos. Diario de Terradentro.
Diario do grupo folk -rock ourensán Guezos.
Acerca de
Guezos. Banda Folk
Sindicación
 
Fotos varias, concerto na Dzine (19/3/2006) etc...
O outro día pasámolo ben en San Sadurniño.
Cóstanos facernos co público da Dzine, acostumado a que pasen grandes bandas de todo o país polo escenario de tan bonita sala. Pero ó final, a xente respondeu e houbo que estirar a actuación con improvisacións e versións "sobre a marcha" .
Tamén cómpre destacar o ben que nos trata Iván Sanjurjo e todo o persoal da Sala Dzine. Desexámoslle o mellor.
Un saúdo de todo o grupo.
(Poñeremos fotos da actuación en breve)

Para recordar dous dos mellores concertos que demos no verán de 2005, o de Santiago e o de Alcañices (Zamora) póñovos unhas fotos que reflexan o ben que o pasamos nestas dúas datas, sobre o escenario e despois coa xente.
As fotos foron feitas por 3 amigos que coñecimos en Alcañices: Mª Ángeles,Alfonso e Susana.
Un saúdo e gracias polas fotos.
Anxo.

Festival Folk de Aliste,16 Xullo 2005

Santiago

De festa despois do concerto. 24 de Xullo en Santiago!!!
 
Voltamos a Dzine!!!


Sí, rapaces, o vindeiro 17 de Marzo,venres, estaremos de novo polas bonitas terras de San Sadurniño.
Estaremos celebrando o San Patricio co grupo de Ortigueira "Os Zarembeques" e con todos os nosos amigos de San Sadurniño, Cedeira e Ferrolterra en xeral.

A sala Dzine estase a convertir nun lugar de obrigado paso para moitos grupos de todo o Estado. Grupos moitos deles consagrados que non queren desaproveitar a oportunidade de tocar nunha sala que sen dúbida será das máis importantes de Galicia en poucos anos.
Un saúdo a xente de S. Sadurniño, en especial a Iván Sanjurjo.

GUEZOS.