LAMATUMBA EN SANTIAGO
Artigo recollido de Folque.com sobre os nosos amigos de Lamatumbá.Un saúdo e que non se apague o lume.
Anxo.
LUME en COMPOSTELA !!!
xoves 16 de febreiro de 2006
Despois de acadar cifras de disco de ouro en galicia, LAMATUMBÁ lanza o 15 de febreiro unha reedición especial do seu novo disco "lume (para que saia o sol)" e por este motivo celebrarase unha dobre cita moi especial, un día de festa lamatumbeira en Santiago de Compostela á que estades convidados...
DURANTE A TARDE – Lamatumbá toma a tenda de discos Gong (Praza de Galicia), e ofrece ledicia, moitos agasallos e sinaturas gratuítas a todos aqueles que merquen ou se acheguen cunha copia de “Lume (para que saia o sol)” e ós que non tamén se lles dará agarimo, pero con promesa de enmenda canto antes... na mesma tenda ás 17:00, distinguidos membros do grupo contarannos as súas vindeiras aventuras (reedición de “Lume..”, xira estatal, novos videoclips...). Rogamos puntualidade, xa que un ratiño despois abriranse, para tódolos presentes, as numerosas botellas de licor café que temos reservadas e, segundo avancen os minutos, non poderemos garantizar a orde pública necesaria para tal evento...
Á NOITE – Lamatumbá e tódolos novos tripulantes que se unan, poñen rumbo ó número 4 do Cantom de S. Bieito, sede do BAR AVANTE, onde tomarán os mandos dos aparatos de música durante toda a noite, con convidados moi especiais, novos agasallos (camisolas, pósters...) e a estrea en exclusiva dun novo tema, que foi o escollido para inaugurar a nova e ilusionante etapa de videoclips no Xabarín Club da TVG.
...non te esquezas... o vindeiro xoves 16 de febreiro esperámosche en Compostela... lume!!!!!!

Guezos no concurso "Escenario Prau" Santander.
O concurso Folk "Escenario PRAU" Organizada pola Asociación Cántabra de Festivais terá representación Galega.
GUEZOS abriremos o concurso o día 18 na capital, Santander.
Os coruñeses Xochilmica actuará o último día, o 4 de Marzo en Laredo.
Ademáis dase a coincidencia de que tocaremos cos navarros Mielotxin, cos que xa tocaramos en Granada hai un par de anos. temos ganas de volver a vernos, xa que é un grupo que nos gusta a todos moito.
O concurso ten como obxectivo o descubrimento de novos valores do folk estatal e premia en metálico e coa gravación dun disco ós gañadores do mesmo.
Este é o programa:
SABADO 18 DE FEBRERO EN SANTANDER
-20.00 GUEZOS (Ourense)
-21.00 MENAYA (Soria)
-22.00 MIELOTXIN(Navarra)
-23.00 NAHEBA (Cantabria)
SABADO 25 DE FEBRERO EN..(POR CONFIRMAR)
-20.00 KELTIAR ALDEA (Navarra)
-21.00 DIVERTIMENTO FOLK(Valladolid)
-22.00 XERA (Asturias)
-23.00 MALAGUERU (Cantabria)
VIERNES 3 DE MARZO EN TORRELAVEGA
-20.00 CADABA (Asturias)
-21.00 A GRAMALLEIRA (Valladolid)
-22.00 MAPACHE HUDALU (Cantabria)
-23.00 CAHORNEGA (Cantabria)
SABADO 4 DE MARZO EN LAREDO
-20.00 BAUMA (Barcelona)
-21.00 XOCHILMICA(A Coruña)
-22.00 PAN DE CAPAZO(Teruel)
-23.00 EL HOMBRE PEZ(Cantabria)
Saúdos.
Anxo Fernández.
Guezos.

Novas Cancións
Estamos preparando unha serie de novas cancións para estrear esta nova temporada.
Xa temos tres preparadas, pero serán unhas cantas máis.
Podemos adiantarvos que unha das novas, será unha versión de "Mi Calle" do grupo catalán dos 60 Lone Star.

(Imaxe do single "Mi calle" de Lone Star)
Ademáis non paramos de compoñer, e pronto verán a luz outras tres ou catro cancións queestán por rematar.
En canto os concertos, estamos pendentes de pechar unhas datas para o próximo mes ou para Marzo.
Un saúdo: