Blogs.ya.com Quitar publicidad
Guezos. Diario de Terradentro.
Diario do grupo folk -rock ourensán Guezos.
Acerca de
Guezos. Banda Folk
Sindicación
 
Ergom ten nova páxina web.
O grupo ourensán de Folk / Rock Ergom xa ten nova páxina web.
Trátase dun espazo onde poderedes ver fotos, próximas actuacións,foro, novas,etc.
Ergom é un grupo co que temos compartido moitas cousas, ensaios, concertos,aventuras e incluso músicos!

Dende este blog teremos unha ligazón permanente coa páxina do grupo.



Visita a páxina de Ergom.

Anxo.
 
Unha vella entrevista...
Trátase dunha entrevista do ano pasado que saíu no xornal GALICIA HOXE da Coruña.Está feita por Emilio Españadero, presentador tamén de Lume na Palleira.
Anxo.


______________________________________________________

A receita musical de Guezos ten diversos, e orixinalmente dispares, ingredientes. Entre outros, o son rachado da guitarra eléctrica, sons latinos, temas tradicionais e composicións propias. Con todo isto cociñaron o seu primeiro traballo discográfico: 'Terradentro'. Con toda a forza da mocidade, reclaman o seu espazo propio no panorama musical galego.

Emilio Españadero

Os Guezos naceron no ano 2000 coma froito dunhas conversas entre Pablo Rodríguez e Anxo Fernández. Nesas conversas, falaron do interesante que sería artellar un grupo folk ao estilo das grandes formacións europeas, e das galegas históricas. Unha vez postos de acordo, comezaron a buscar outros músicos interesados no seu proxecto e, pasada unha semana, tiñan configurada a formación inicial do grupo. Posteriormente producíronse algúns cambios ata chegar á formación actual, composta por cantante, guitarrista, baixista, batería, gaiteiro, teclados e voz, violinista, máis un técnico de son e efectos. Anxo Fernández, un dos integrantes da parella que decidiu formar Guezos, foi o encargado de falarnos sobre a traxectoria do grupo, e de presentarnos o seu primeiro disco.

O voso nome procede do barallete ¿non?

Si, máis concretamente do barallete dos afiadores e dos paraugueiros, porque cada profesión tiña case que o seu barallete. Eliximos este barallete por ser como máis ourensán. Guezos significa 'nenos ou rapaces' e foi elixida totalmente ao chou, nun dicionario de galego-barallete. ¡E menos mal que non saíu outra!

¿Cales son os grupos ou solistas, galegos que máis vos influíron? Por suposto temos moi presente a Carlos Núñez, Berrogüetto... Sobre todo na súa maneira de reinterpretar a música dedicándolle novas harmonías, ritmos. etc. Pero non nos esquecemos dos míticos grupos galegos dos 70 e 80, os verdadeiros precursores para nós: A Roda, Fuxan os Ventos, Petapouco, etc. Cremos que estes grupos tiñan algo especial, e que aínda non se reivindicaron dabondo por parte do público. Eles foron os primeiros en gravar discos coa música que se escoitaba e se cantaba nas festas, nas tabernas, nas comidas de Galicia. Os Guezos pretendemos recuperar ese espírito, mantelo e perpetualo na nosa música.

¿E internacionais?

Declarámonos seguidores de bandas míticas como os Pogues, os Waterboys, Wolfstone, The Levellers, Hedningarna, etc. Todas esas bandas que tiñan ou teñen unha actitude que nós botamos en falta en Galicia. Nos seus países e fóra deles son grupos respectados, algúns no mesmo nivel de calquera banda de pop ou rock. Aquí, nese sentido, aínda nos faltan uns anos, pero cremos que pronto chegará un día no que haxa un grupo galego respectado e onde merece.

As vendas do voso anterior traballo, presentado como maqueta, foron un éxito ¿non?

Éxito se partimos da base de que traballamos sen discográfica, publicidade ou apoio de ningunha xente, máis que de nós mesmos e da xente que vai aos nosos concertos. O que non queremos é quedar nas 1.000 copias despachadas en man que vendemos, pero tampouco temos moita présa por dar un enorme salto. Sabemos que, se seguimos así, soamente imos medrar. Para nós, o éxito é chegar a un sitio onde non te coñece nin o gato, e conseguir que todo o mundo baile, cante e nos escoite con atención. Preséntanos este primeiro traballo discográfico.
Terradentro é un traballo froito de dúas etapas de gravación, nos anos 2003 e 2004. É un disco no que temos postas moitas esperanzas, cremos que ten once temas mois bos, sexan da cor que sexan. Foi gravado e producido a conciencia para que soara a Guezos, independentemente do estilo variado dos seus temas. Terradentro vaille gustar á persoa que lle gusta o folk, á quen gusta do rock, etc., en definitiva, quen guste das boas melodías.

¿Por que 'Terradentro' como título?

É un concepto que reclama a importancia, e a forza, do interior galego. Terradentro é unha aldea imaxinaria, que ben podería ser a de calquera do grupo. É ese lugar ao que nos sentimos unidos dende pequenos, é o monte, as casas, os muíños, a xente. Non queremos que se esqueza a xente do interior, que tamén é o motor de Galicia. Non nos gusta que se destrúa todo o que representa Terradentro. Aínda así, non nos pechamos ao exterior. Terradentro non debe ser un lugar illado do resto do mundo, todo o contrario. Asemade, tamén é a canción que, unha vez gravada, se fixo co mando do disco sen discusión.

Dende o comezo, sodes un grupo musicalmente moi ecléctico. Iso nótase cada vez máis nas vosas gravacións ¿non?

O eclecticismo do grupo procede dos nosos gustos individuais. Nós non facemos un reggae por facelo, nin tentamos metelo con calzador. É algo que vai xurdindo e, pouco a pouco, van quedando as mellores ideas. Nunca damos ningunha canción por pechada. Por iso (como exemplo) titulamos a última canción do disco Muliña'03, posto que é unha visión desa canción no ano 2003, que dista bastante da versión popular ou tradicional.

Continuades apostando polas composicións propias ¿non?

Certo, é algo que temos asumido, non nos pechamos á tradición, pero consideramos que xa hai grupos moi bos dedicados a recoller e tocar temas do folclore galego. De todas as maneiras, temos no repertorio temas populares, versións, e moitas das nosas cancións soan moi populares, moi galegas. Pretendemos normalizar a música galega, que ninguén se escandalice cando escoite un funky mesturado cun alalá. É o que hai na música mundial dende hai anos. Queremos engadir moitas composicións ao cancioneiro popular galego.

Con 'Terradentro', seguides auto-producíndovos.
¿É unha decisión persoal do grupo ou é que non hai interese das discográficas de apostar polos novos valores?

Trátase dunha mestura das dúas cousas, por unha banda, ningúen dá un peso por un grupo novo. Temos experiencias ao respecto con institucións que "apostan pola música galega'' (enténdase Luar na Lubre, Berrogüetto, Carlos Núñez, aos que admiramos) que nos dixeron que non ían arriscar un can cun grupo novel.Interese discográfico hai, outra cousa é que ofrezan algo tan bo como para renunciar á liberdade que temos agora mesmo. Pero está claro que se aparece unha boa oferta estudiarémola.

Xa fixestes algún concerto de presentación de 'Terradentro'. ¿Que tal foi a resposta do público?

Oficialmente o disco foi presentado nas Festas da Istoria de Rivadavia, a finais de agosto, e nun pub de Ourense, con moito público nos dous concertos. A verdade é que foi emocionante ver tanta xente cantando e bailando con nós.

¿Que pretendedes achegar os Guezos á música galega?

Pretendemos dar un novo enfoque de música feita en Galicia, un enfoque universal, pero sen esquecérmonos de quen somos. E, por suposto, queremos ser coñecidos como banda, e seguir tocando e gravando discos que lle gusten á xente, que é o que máis nos enche.
 
O Mito de Madrid Rock
Outro deses bulos creados pola industria discográfica.
Lede con atención un artigo de David Bravo.

Saúdos.
Anxo.
_______________________________________________________

Muchos recordarán que cuando el dueño de Madrid Rock dijo que cerraba su tienda por culpa de las descargas de Internet, los medios de comunicación no lo dudaron un instante. La prensa, la radio y la televisión, que no dedican ni un solo segundo a la música independiente, se convirtieron, de la noche a la mañana, en los mayores melómanos y defensores del arte. Titulares ñoños y lacrimógenos donde lloraban la caída de un mito y se lamentaban de la maldita piratería que lo había asesinado.

El periódico ABC tituló a la noticia "El último Rock de Madrid" y en su desarrollo no dejaba lugar a la duda de quién fue el asesino de la tienda y de la música: "La parió la "movida". La mató la "piratería" [...] La piratería, el disco "bastardo", va a poner en la calle a 46 personas, algunas de ellas, con más de 10 años de trabajo a sus espaldas en el negocio".

Estos titulares se justificaban únicamente porque el dueño de Madrid Rock había dicho que la causa del cierre era la piratería y las descargas de Internet. Esa opinión se convirtió en incontestable realidad gracias a la repetición continua de la noticia en todos los medios de comunicación. Pregunten a cualquiera que vea los informativos cuál fue la causa del cierre de la tienda y comprobarán que el esfuerzo del bombardeo publicitario no fue en vano.

Lo sorprendente es que cuando los 46 trabajadores que tanto le importaban a ABC destaparon, por medio de sus delegados sindicales, que podían probar fehacientemente que la tienda no cerraba por la piratería sino por la avaricia de un empresario que vendía el local por una suma incalculable a la multinacional textil Inditex, pocos medios se hicieron eco de esa réplica. Los que lo hicieron dejaban claras las diferencias que hay entre la opinión del director de un negocio y la de sus trabajadores. Mientras las palabras del primero eran palabra divina y se convertían en noticia, la de los segundos, que podían probarlas "fehacientemente", eran solo una opinión.

Para ABC, "a juicio de la central sindical [CCOO], el cierre está motivado por una negligente gestión y una especulación inmobiliaria". El periódico EL MUNDO, que en su día colocó a la noticia el explícito titular de "La piratería acaba con Madrid Rock", tituló a las informaciones de los trabajadores como "CCOO denuncia que el cierre de la tienda de discos "Madrid Rock" se debe a la especulación inmobiliaria". El País había titulado a su reportaje "La piratería mata un mito musical" a pesar de que no había más prueba que la palabra del dueño del establecimiento, pero cuando los trabajadores dijeron, nómina en mano, que ellos cobraban parte de su sueldo por comisiones de ventas y que sus sueldos no habían bajado, este diario dijo que "los empleados del establecimiento vinculan el cierre con supuestas maniobras especulativas, no con el descenso de ventas".

Gracias a una fotografía que me pasa Antonio Delgado podemos comprobar que a día de hoy éste es el aspecto que luce el antiguo Madrid Rock: