Guezos no Clavicémbalo de Lugo.
O vindeiro 5 de Novembro temos unha cita moi interesante para nós.
Tocaremos por primeira vez en Lugo capital e nun local con solera:
O Clavicémbalo.
Temos moita ilusión por tocar na única capital galega que nos faltaba e por entrar en contacto coa xente que nos conoce poresas terras.
Prometemos moita música e moita entrega para facer unbonito concerto.
Un saúdo.
Anxo.

Anécdotas
Unhas anécdotas tan divertidas e tan ben contadas coma estas non podían caer no olvido.
Aquí tedes, rescatadas do noso fondo de armario virtual, as anécdotas que contabamos na nosa primeira web.
Xa choveu...
Un saúdo a Sindo. Persoa amiga do grupo e a que lle debemos mil e un favores.
Gracias por todo.
Anxo.
"De como descubrimos que os indios non teñen vértixe"
Aconteceu certo día que, atopándonos en Castro Caldelas, Anxo, "Morta", Sindo e mais eu, decidimos oportuno facer honra á Torre do Homenaxe e alá fomos. Subimos ata o seu cumio e, unha vez enriba, fomos recompensados polos ventos que se arremuiñaban en torno a nós ofrecendonos a súa sabedoría, ese tipo de sabedoría que se perde no ar e a brisa a alonxa no tempo.
As nosas mentes turbadas esclarecéronse e, por fin, ante nós apareceu claramente a solución ó problema que tantos quebradeiros de cabeza lle debeu de dar a antropólogos e biólogos de todo o mundo: ¿por que os indios americanos non teñen vertixe?
Sabido é que ó longo deste século moitos indios foron contratados como man de obra en cidades estadounidenses coma Nova Iork, para a construcción de grandes rañaceos, pois estes indios non teñen vertixe como o resto da humanidade.
A solución a este enigma é sinxela, pero é preciso da-los pasos axeitados para dar con el:
1- Un indio é capaz de camiñar por vigas de aceiro a centos de metros de altitude sen inmutarse, igual que si camiñara polo chan.
2- ¿Que outra cousa vivente é capaz de facer tal? A resposta é evidente, un mono (ou mona).
3- Se finalmente aplicamos a esta conclusión algo da sabedoría tradicional descobrimos que face-lo mono é o mesmo que face-lo indio, e polo tanto que os indios son autenticos imitadores das artes dos nosos curmáns os primates e por esa razón descoñecen o que é o vertixe.
Debemos engadir tamén que . . .
Tras preguntar á xente da rúa:
¿Se se atopara enriba dunha torre a 30 m. de altura e houbera unha grúa a 4 m. de distancia da cara súa norte , saltaría ata ela e baixaría ata o chan?
Obtivéronse os seguintes resultados:
- Un 64% respondeu negativamente.
- O 36% restante respondeu que só o faría en caso de absoluta necesidade.
Pero descubrimos a alguén que é capaz de rachar coas estadísticas, "Morta", que declarou que el baixaría só por vicio.
"De cando o gaiteiro desapareceu nun concerto"
A verdade e que despois de ler esta anécdota chégase a conclusión de que se alguén tiña que se-lo protagonista este non podía ser outro máis que Morta.
Foi alá en Vilaboa, terra pontevedresa, onde aconteceu. Xa na noitiña, tocando no "Festival na Tralla".
A xente que organizaba este festival (a que lle enviamos un saúdo desde aquí) repartiu entre os membros do grupo un certo número de vales para consumir de balde e nós procuramos dar boa conta deles.
Nós non eramo-los primeiros en actuar así que aproveitamos para irnos poñendo a tono. Chegou o noso turno e alá subimos, comezamos a tocar e todo ía ben, a verdade, estaba a ser un concerto moi animado, animado especialmente pola hiperactividade do gaiteiro, que non ficou quedo nin un so intre. Pero chegados ó ecuador do concerto os seus movementos comezaron a tornar en extranos xestos xa non tan normais nel.
Aínda así el seguía a tocar ata que, sen previo aviso, cando iamos comezar con "A Rebadaira", Morta saltou do escenario, furou por entre o público, saiu pola porta local e desapareceu polo monte arriba.
Sen saber moi ben que pasaba, Pablo optou por facer unha looonga presentación de "A Rebadaira" esperando a que Morta volvera , e volveu nun par de minutos, máis ou menos. Entrou todo tranquilo e relaxado no local, cun sorriso na cara e subiu ó escenario. Achegouse a Pablo, que aínda seguia coa presentación, arrincoulle o micrófono e desculpouse persoalmente ó publico alegando na súa defensa que "E que cando a natureza chama . . . ".
Aínda así a noite non remataría ahí para Morta. Non podemos conta-la totalidade dos feitos, pois podería facernos dudar da saúde mental deste suxeito. Limitámonos pois, a contar que, pasada xa a meia noite Morta desapareceu, buscámolo pero non houbo xeito de dar con el. Media hora máis tarde ó fin daría sinais de vida, chegou andando xunto a nós e tranquilamente se dispuxo a contarnos o acontecido:
Alonxárase un momento do grupo para botar unha mexadiña cando divisou unha luz, unha luz que brillaba ó lonxe e mudaba de cor constantemente, brancos puros tornaban a escintilantes azuis celestes que desprendían unha beleza tal que calquera podería pensar que o Sol se ocultara ese día avergoñado da súa propia luz ó ve-la fermosura daquel espectáculo. Ante a súa chamada, Morta non puido facer máis que achegarse a ela e tocala coas súas propias mans, pero o seu obxectivo estaba máis lonxe do que o seu corpo lle podía permitir. Aínda así emprendeu o camiño, e aínda que xamais chegou ó final alomenos consegueu entrar nunha profunda relación co seu entorno, a natureza en forma de exuberante vexetación quixo ser un so con el, e el un so coa natureza. O contacto foi unha experiencia única que moi poucos poderían chegar a comprender, por iso Morta é unha persoa afortunada, que nos ensina que a sabedoría ten un prezo e que o importante é emprende-lo camiño pois ata que este comeza nunca poderemos coñece-las nosas verdadeiras limitacións.
Roberto Reboiro Jato

Unha tarde de Ensaio.
Hai tardes de ensaio que teñen algo distinto ás demáis.
A do pasado 7 de Outubro foi unha sesión moi especial.
Todo sonaba á perfección e parecía que ensaiáramos o día anterior.
No verán hai agobios de concertos, nervios e tensión porque queremos que todo sala perfecto, non se diferencia moito de un traballo de alta responsabilidade.
A verdade e que tanto traballo da os seus froitos, e fai que en pleno mes de Outubro esteamos rodados casi sen ensaiar.
Estamos desexando que chegue Roi "de la France" (o noso violinista) para estar todos de novo.
As fotos de hoxe pertencen ó ensaio previo ó concerto do día 8.
Por certo, saíunos moi ben e pasámolo de medo. Gracias en gran parte a Andrés Luca, o noso técnico de son.

Adrián e Pablo buscan algo...

Mdesto iluminaba o local coa súa música!
Un saúdo a todos.

Guezos colabora con Alcer-Ourense.
Guezos colabora coa asociación para a loita das enfermedades renais ALCER.
Desde este blog temos enlace permanente coa súa páxina web, que se actualiza case que a diario.
Posiblemente a colaboración do grupo se materialce nun concerto benéfico no Nadal.
Estaredes informados.
Un saúdo a Javier Gzlez Lamelas.