Blogs.ya.com Quitar publicidad
Guezos. Diario de Terradentro.
Diario do grupo folk -rock ourensán Guezos.
Acerca de
Guezos. Banda Folk
Sindicación
 
Rematou o verán...
"Todo tiene su fin" dicía a canción dos Módulos.
Foi un verán de ensaios diarios e longos, e de non moitas actuacións, pero ben boas.

Sen dúbida o concerto do verán para nós foi "A Noite do Trasno" en Cabo Udra, Bueu, Pontevedra.
Hai que destacar a organización dos Mozas e Mozos de Beluso, con Jota á cabeza e as súas familias apoiando.
Tanto o equipo de son, escenario, bakstage, público, etc foi impresionante.
Gustounos moito que lle dean importancia ós grupos que comezan co esceario novel.
Tamén nos gustou o Cartel:
Os tres Trebóns e o Vendaval do Rosal meteron unha caña tremenda.Impresionante Xurxo Souto nas presentacións e na animación do público.

Tamén nos gustou Mercado Negro e co seu reggae e as súas táboas,parecían xamaicanos.

En canto o noso concerto, sentímonos realmente felices no escenario, arroupados polo público que cantaba e bailaba e disfrutamos moito.
GRACIÑAS!!!!



En canto o Festival Irmandiños de Moeche, tamén temos que destacar á xente da organización e os grupos, tocamos entre outros con "Luétiga" ,grupo cántabro que leva moitos anos no folk , e Estramonio de Madrid.

O caso do sonido foi aparte, a empresa contratada non era demasiado exemplar no seu profesionalismo, e iso derivou en constantes problemas de retrasos e acoples, sobre todo no escenario.
Ah! Por suposto que fomos asaltar o castelo!

En Garabás, preto de Maside (Ourense) fixemos o noso segundo concerto benéfico da tempada. Neste caso era para unha rapaza , Fátima, que está enferma. Esperamos que a nosa presencia servira de algo e quese poña ben.
Dende aquí GUEZOS mandámosche toda a nosa forza e ánimo.
Un abrazo a todos.