logotipo

img_google
Guezos. Diario de Terradentro.
Diario do grupo folk -rock ourensán Guezos.
Acerca de
Guezos. Banda Folk
Sindicación
 
Ultimos Concertos Realizados: Alcañices. Vigo. Santiago.
Alcañices (Zamora). 16 Xullo de 2005.
A noite do 16 de Xullo era a nosa noite no Festival Folk de Aliste.
Comezaron Fado en Sib,portugueses que combinan o jazz e o fado dunha maneira perfecta. Gustáronnos moito.
Despois nós.
Saíu un concerto bastante bo. Gustoulle moito á xente e penso que fixemos méritos para voltar. A verdade é que a xente víase animada e iso levounos arriba, porque tocar fóra sempre é moi difícil.
O equipo de sonido era do mellor.
Coñecimos a moita xente coa que despois seguimola festa, amenizada polo gran gaiteiro Tejedor e a súa banda.

Un saúdo Roberto, Alfonso, Susana e Mª Ángeles.

Vigo 23 Xullo 2005.

Primeira vez ó aire libre en Vigo. Quedamos moi contentos do trato recibido e do concerto. Temos gañas de volver. O concerto foi na bonita praza do Berbés, na zona do porto pesqueiro.
O sonido moi bo, e levabamos outra vez ó noso técnico Andrés Luca, que cada vez nos coñece mellor.
Un saúdo para a xente de Vigo.


Santiago 24 Xullo 2005

Que se pode dicir de Santiago un 24 de Xullo...
Xente e máis xente!
Había moitos grupos tocando por toda Compostela ó mesmo tempo, pero ese día hai xente para todos.
Saíu un concerto realmente bo e quedamos moi satisfeitos na nosa primeira visita a Santiago.
Moitas gracias a toda a xente que cantou e bailou con nós.

Anxo.