logotipo

img_google
Guezos. Diario de Terradentro.
Diario do grupo folk -rock ourensán Guezos.
Acerca de
Guezos. Banda Folk
Sindicación
 
Nova web, vídeo, concertos...
Sabede que estamos ultimando a nosa nova web,posiblemente esta semana ou a vindeira xa estará subida.
Nela poderedes comentar, poñer opinións e participar activamente.

Estes días ademáis, andamos a preparar o novo concerto con 20 cancións aproximadamente, das que case que a metade son novas e nunca antes tocadas en directo.

Tamén andamos a gravar 2 temas novos no Estudio 5 da Radio Galega para o CD recopilatorio do GZ Crea 2007 do que fomos finalistas.

E de regalo o vídeo do resumo da final do Concurso Nsaio no Camiño, na versión folk, no que tamén participamos.

Un saúdo:

GUEZOS.



 
Guezos de novo na sala Auriense.
Despois de moitas voltiñas, tocaremos o venres, día 7 de Marzo no Auriense, onda a plaza do Correxidor, nos viños de Ourense. Máis ou menos ás 23h.
Antes, na mesma sala, e apartires das 9 podedes disfrutar de Tonhito de Poi coa súa "Rasa Loba".
Por certo, estrearemos un par de cancións novas das últimas que andamos compoñendo.
Promete a noite, non?
Vémonos!!
Deixámosvos unha foto da última festa que liamos na Esmorga.
Graciñas a todos por estar aí.



mais info aquí.
 
Novo concerto
Á xente da Esmorga non lle podemos dicir que non...
Estabamos "paradiños" en canto aos concertos, (sabedes que o noso parón obedece as obrigas autoimpostas de compoñer e preparar cousiñas novas de cara o verán) pero a chamada de Rucho para irlle a tocar a Esmorga fixo que quixeramos romper a rutina destes meses e alí vamos.

A cita será mañá Sábado 9 de Febreiro ás 22:30 no local da Esmorga, en Ourense Capital.

Aquí tedes o cartel.



Ah, algo novo si que teremos no escenario, pero tedes que ir para comprobalo!

Saúdos!
 
E o gañador é...
TÚZARO!!!

Co 30% dos votos totais "Túzaro" foi o nome elexido para a nosa mascota.

"Cleo" de Ourense, recibirá na súa casiña un CD ou camisola en breve.

Saúdos a todos e graciñas pola participación.

GUEZOS.
 
Vota!!!
Xa temos os nomes, a enquisa rematará o día de Nadal, que mellor día para recibir un regaliño máis eh?
Agora pica nos enlaces de abaixo: e a votar!!!




Encuesta: Cal é o teu nome favorito para o porquiño?



Encuesta: Cal é o teu nome favorito para o porquiño? - RESULTADOS