OS ESCRAVOS DO BANDOLLO.
O casus belli víase vir dende Novembro, e é que cada ano era a mesma historia.
Sentéi a ler o Correo Galego cunha taza de caldo. Ía unha viruxa, xa pola mañán, que prometía xeada pola noite. Aínda non espertara ninguén da miña familia. Una mañán de nadal de frío, coma tódalas mañáns de nadal de frío no medio do monte da provincia de Ourense.
Respiraba unha paz que caseque dábame medo, porque na miña familia, ter unha mañán de nadal de paz, non foi nunca normal.
Xusto no momento que penséi nesto, empezaron a face-la súa aparición as nobles xentes integrantes do medio familiar. Tamén nesto era típica a miña familia. Tiñamos tódolos compoñentes dunha familia galega de vademecum: un tío que non falaba nunca, casado cunha muller que falaba sobexo. Un xenro (meu pai) de fora de Galicia, tratado de extraterrestre, máis ou menos; unha récua de curmáns medio imbecilizados polos programas de televisión, unha filla sufridora (miña mái) e... unha obsesión predominante en todos eles ( e todas elas) polos xantares que non selle podía chamar saúde mental, precisamente.
Cada ano había unha gran disputa para decidir o menú da noite de fin de ano. Unha traxedia, unha catástrofe.
Empezóu miña avóa:
-Poderiamos facer uns pés de poeta, que che están mói bós, aínda que a min non me importa porque só de vos ver felices xa me está ben- pero houbo un compoente que saltou de seguida. Foi o meu curmán de doce anos, o Brais, en plena furia de consumismo americano, que berrou máis co derradeiro porco do nadal do ano anterior:
-Pes de poeta! Que noxo, mamá, nin se vos ocurra! Eu quero pissa! Vai que me mercarás unha pissa, mami, vai que sí?
Ó que a tía respondeu cun "cala neno" moi medido e do disgusto, o resto dos curmáns pequenos caíronselle os bolos de cereais entre tanto movemento, porque como dicia o tío (seu pai) "iso de toma-lo leite de boa mañán mirándolle as bolas a non séi qué gragón da televisión non é cousa normal, pero vaia, con que estean calados xa é moito".
A historia continuou; eu sabía que só rematara de comenzar, de feito, e continuaba cos ollos metidos no xornal. Colleu o relevo a avóa, capitana xeral das milicias matriarcais galegas da posguerra:
-Mirade, xa está, xa o penséi, non lle deamos máis voltas. De entrantes, salpicón de marisco, coas súas centolas de ría, os seus bois de mar, pemento e cebola, vinagre e aceite, pescada e mexillóns. De segundo, rodaballo ó forno con patacas asadas... Xesús, terás que traer máis viño da viña, , que non haberá sobexo. Despois, como matamos no trinta, unhas boas filloas. Tamén podo facer unhas orellas, arroz con leite... ou brzo de xitano. Nenos, que vos parece?- A avóa recreábase só de se imaxinar felízmente metida na cociña todo o día, porque as mulleres nacían só para traballar para os demáis.
Pero a sua divagación culinaria de sguida foi interrumpida pola rapazada:
-Sí home, avóa, imos saír todos nadando, con tanto peixe! Nós queremos pissa!- E a sua mesma filla, miña nai, que tamén falaba sobexo, uníuselles na disputa:
-Mamá, este ano non te quero ver na cociña- frase que soaba igual ou máis rutineira que decir boas noites cando te vas deitar, porque levaba toda a vida repetíndoa sen posibilidades de éxito, pero vaia, remprendeu o menú a herdeira indirecta da tradición matriarcal, miña tía, coma se alguén lle preguntara:
-O do salpicón estame ben, pero por que en trocas do rodaballo non facemos un cabrito ó forno con pementos morróns? Lembrádevos da boda do Xoán e a Tereixa de Allariz, cando fomos alá a Carfaxiño naquela churrasqueira, que tanto nos prestou...
-Nada, caralladas- contestou outro tío, o solteiro, que acababa de se despertar e ata entón gardárase moito de falar, -unhas empanadas e vai listo, tanto fin de ano nin tanta enchenta.
-Empa-naaadas?- saltou miña nai, caseque ofendida e cun evidente ton cáustico -Sí, home, e podiamos mercar esas pissas xa de pasada, non? Por tí, calquera cousa. E un dos curmáns, como era de esperar, interceptou o discurso nun segundo:
-Si, tía, esas pissas!!!! Empanadas e pissas!!!!- e o xenro de fora de Galicia (meu pai), que xa non atunaba máis, propuxo de ir a Valencia á casa de seus pais a comer unha paella... verdadeiramente impresionante, penséi, aquí cada tolo vai á sua.
A min érame igual comer carne ca peixe, raxo, polbo ou cachelos, ca canard à l'orange, porque o importante, pensaba eu, era estar todos xuntos en paz e harmonía familiar, iso sí, sen ter a avóa de cacho para cabazo, servindo á xente coma se fora unha serventa. Pero aínda me gardara moito de falar, e seguía escondido detrás do Correo Galego, mollando o pan de millo no caldo e botando pestes e carallos de cando en vez, a ver se alguén se enteraba do barullo que facían. Non, claro que non se enteraban, pero por intenta-lo...
-Coma avóa Dores- dicía a miña avóa, mirándome, con bágoas nos ollos; bágoas que por certo nunca entendín, porque a Dores, a sua sogra, que "Dio-la-te-ña-na-Ghloria" déralle máis disgustos ca pouco. Pero o caso é que como sempre dicían que eu xa era un home feito e dereito, aproveitei para falar.
-Imos facer un cocido. Con patacas, cenorias, grelos, lenguizas, garavanzos, feixóns ou o que sexa que se lle bote, éme igual. Despois un congro, ou pescada fervida, ou xurelos, e de derradeiro, leite frito ou chulas, as uvas de rigor, coma sempre, e xa está, non fai falla pelexarse máis, que non son tan importantes as esmorgas, cona.- En fin, falei con seguridade e control, pero o menú que propuxen para Noitevella non coincidía coa visión do resto da familia. Uns limitáronse a ordearme que non botara pecados, e os outros, os cativos, que "jobar, que rollo, cocido e outra vez peixe". Miña nai fíxome calar e punto, e tíven que volver a miña atención ó Correo Galego, recordando esa máxima do dereito de familia galego: non fales.
Teño que dicir, iso sí, que polo menos tivera unha idea sinxela e altruista máis propia do nadal que tanta ostentación nin tanta mariscada.
Pois a cousa ía acrecentándose, e unhas palabras levaban ás outras, e entre solombos e salsas, lagostas, marmelos e queixos, empezaron a chegar os carallos e as hostias e os "mal-raio-che-coma" e "rabia-de-neno-se-foras-meu-fillo" e "teu-fillo-é-un-preghizoso-do-carallo" e "me-cagho-no-demo-que-te-fixo", e empezáronse a aldraxar os unos ós outros coma quen non quere a cousa, e a "cousa" chegou ó concello lindante". Algúns veciños uníronse na pelexa, porque "xa está ben, estes valenciáns do carallo qué pensan que son para vír, dicir e mandar", e cando tal, a loita chegara a Ponferrada e os Telexornáis ata empezaban a falar do tema, pero iso non foi nada, porque coma todo nesta vida, a intolerancia e os malentendidos fixeron queimar montes e destrozar hórreos, e as noticias chegaron ó Norte, a México, a Caracas, a Santiago, Montevideo e á Plata. Por todo o continente americano, masas impresionantes de guettos e colonias de galegos manifestábanse polas rúas máis históricas do mundo en contra do Bloque Nacionalista Galego, que tiña a culpa de todo por ir arrincar a paz onde xa a había, que "a ver que cona de tanto esnobismo nin tanto independentismo", e tal. Entón os grupos independentistas de todo o mundo uníronse, porque os galegos manifestáranse nas capitais do planeta, e é que cando os galegos facemos unha cousa, facémo-la ben e que se nos vexa, pero esta vez fora mellor ficar na casa e mira-lo Superpiñeiro... mellor, ou menos perigoso, polo menos.
Tres días despóis, o mundo espertou ó Ano Novo en plena guerra mundial. Os americanos botaban uns estentóreos peidos atómicos e radiactivos, ó mando dun emigrante de Monforte de Lemos, que xa levaba en "Niuár" (Newark) vinte e sete anos e que non aprendera unha palabra de inglés, pero os de "Niuár" falaban galego que nin Curros Enríquez, e aprendérano de balde.
O escenario ficou baldeiro. Os escravos do bandollo morreron defendendo algunha causa que non tiña que ver. A gula foi a vasoira que levou tras de si a tódala especie galega, situada en puntos estratéxicos do mapamundi.
Sentéi hai uns seis ou sete minutos cunha taza de caldo, a ler o Correo Galego. Vai unha viruxa que promete xeada pola noite. Érgome a pecha-la porta, mais decátome logo de que non a hai.
*******
Un cuento que acabo de rescatar de una de las mil carpetas que tengo embutidas en los armarios de la caja de zapatos a la que llamo "piso", tan optimista. Un tributo a la sociedad en que nací, me crié y aprendí a hablar.
Pido perdón por las faltas que pueda haber, aunque como la normativa no se acaba de poner de acuerdo, aún no sé muy bien qué es falta y qué no.

Comentario:
No m'agrada qu'on utilise mon blog avec des fins politiques. C'est à dire, si je veux l'utiliser avec des fins politiques, c'est à moi de décider. Ja ho sé, que era la diada. També era l'aniversari del 9/11. No en vaig dir res perquè no en vaig voler dir res. De todos xeitos é o meu blog, carallo. A ver se respetamos un pouco, que non viñeche dicir nada o día da patria galega, tampouco.
A.
A.
Comentario:
Perque ahir era la Diada
Comentario:
Nomès era un comentari
Comentario:
PS Hauria, ça s'écrit avec H. Gros con.
Ha ha ha.... Et puis "més" et "oportú". Accentués, tous les deux. Espèce de catalanoïde.
A.
Ha ha ha.... Et puis "més" et "oportú". Accentués, tous les deux. Espèce de catalanoïde.
A.
Comentario:
En català, de fet, no hauria estat GENS oportú, perquè la història lliga llengua amb cultura. Si l'hagués explicada en català, no hauria tingut cap sentit. Hauria estat com escriure-la en gallec i parlar d'esqueixada i de la Mercè. Que t'hi jugues que ets algú que conec que em vol aixecar la camisa... O això, o realment la meva teoria que les llengües llatines són comprensibles entre elles és una mèeee... En fi. A qui no li agradi, no hi ha gaire cosa a fer. Se m'acut allò de posar-s'hi dallonses, però no em sembla respectuós. Ni tant sols cap a algú tan prosaic/a.
Molt bona nit.
A.
Molt bona nit.
A.
Comentario:
En Catala auria estat mes oportu
Comentario:
He vuelto un poco cansado y no es plan para darle al coco e intentar traducir tu cuento, pero trataré de hacerlo otro día, que el gallego yo creo que se puede entender si no lo habláis muy deprisa, jeje. Perdonada por las faltas que no sabré reconocer (tienes suerte, jejeje). Un beso